Epidemioloxía. Ferida cirúrxica aguda

0 comentarios comentarios

Epidemioloxía. Ferida cirúrxica aguda

...

Segundo o informe do Sistema Nacional de Saúde, do Ministerio de Sanidade e Consumo (ano 2010), en España realízanse da orde de 4,4 millóns de intervencións cirúrxicas ao ano, das que máis dun millón son en réxime de cirurxía maior ambulatoria.

O estudo EPINE, Estudo de Prevalencia das Infeccións Nosocomiales en España, (edición de 2011), establece unha porcentaxe do 6,4 % de infeccións do sitio cirúrxico respecto ao total das infeccións adquiridas durante o proceso de hospitalización.

Segundo o estudo ENEAS, Estudo Nacional sobre os Efectos Adversos Ligados á Hospitalización de 2005, o 84% das infeccións do sitio cirúrxico serían evitables, e vén supoñer un 7,8% dos efectos adversos asociados ao ingreso hospitalario.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde